Actualizacións de software
É posible que Nokia produza actualizacións de
software que ofrezan funcións novas, melloradas,
ou cun funcionamento mellorado. É posible solicitar
estas actualizacións mediante a aplicación de
ordenador Nokia Software Updater. É posible que as
22
Axud
a
actualizacións de software non estean dispoñibles
para tódolos produtos ou as súas variantes. É
posible que non tódolos operadores fornezan as
últimas versións de software dispoñibles.
Para actualizar o software do dispositivo, cómpre
posuír a aplicación Nokia Software Updater e un PC
compatible con Microsoft Windows XP ou Vista,
acceso de banda ancha á Internet e un cable de
datos compatible para conectar o dispositivo ao PC.
Aviso: Se instala unha actualización de
software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata
completar a instalación e reiniciar o dispositivo.
Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade
dos datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
Para obter máis información e descargar a
aplicación Nokia Software Updater, visite a
páxinawww.nokia.com/softwareupdate ou o seu
sitio web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de
actualizacións de software, tamén poderá solicitar
actualizacións mediante o dispositivo.
Suxestión: Para comprobar a versión de
software do seu dispositivo, insira *#0000#
no modo en espera.