
Códigos de acceso
Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
●
Código PIN (número de identificación
persoal) — Este código protexe a súa tarxeta SIM
de usos non autorizados. O código PIN (de 4 a 8
díxitos) fornécese normalmente xunto coa
tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito
incorrecto tres veces consecutivas, o código
bloquearase e necesitará o código PUK para
desbloquealo.
●
Código UPIN — Este código pódese fornecer
xunto coa tarxeta USIM. A tarxeta USIM é unha
23
Axud
a

versión mellorada da tarxeta SIM e admítena os
teléfonos móbiles UMTS.
●
Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos)
fornécese xunto con algunhas tarxetas SIM e
requírese para acceder a algunhas funcións do
dispositivo.
●
Código de bloqueo (tamén chamado "código de
seguridade") — O código de bloqueo axúdalle a
protexer o dispositivo contra o uso non
autorizado. Pode crear e cambiar o código e
axustar o dispositivo para solicitar o código.
Garde o código novo nun lugar secreto e seguro
lonxe do dispositivo. Se esquece o código e o seu
dispositivo está bloqueado, o seu dispositivo
requirirá asistencia técnica e é posible que se
apliquen tarifas adicionais. Para obter máis
información, póñase en contacto cun centro de
Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.
●
Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e
PUK2 — Estes códigos (8 díxitos) requírense para
modificar un código PIN ou PIN2 bloqueado,
respectivamente. Se os códigos non se fornecen
coa tarxeta SIM, póñase en contacto co operador
ó que pertence a tarxeta SIM inserida no teléfono.
●
Código UPUK — Este código (8 díxitos) requírese
para modificar un código UPIN bloqueado. Se o
código non se fornece coa tarxeta USIM, póñase
en contacto co operador ó que pertence a tarxeta
USIM inserida no teléfono.