
Instrucións: axuda do
dispositivo
O dispositivo dispón de instrucións para axudalo no
seu uso.
Cando unha aplicación se atopa aberta, seleccione
Opcións
>
Axuda
para acceder á axuda
correspondente á vista actual. Para abrir a axuda
dende o menú principal, seleccione
Ferramentas
>
Utilidades
>
Axuda
e a aplicación que desexe.
Pode atopar ligazóns a temas relacionados ó final
do texto de axuda. Para que sexan máis doadas de
ler, pode cambiar o tamaño do texto das
instrucións. Se fai clic nunha palabra subliñada,
amosarase unha breve explicación. A axuda utiliza
os seguintes indicadores: amosa unha ligazón a
un tema de axuda relacionado. amosa unha
ligazón a unha aplicación sobre a que se está a
discutir. Cando lea as instrucións, manteña premido
ou seleccione a ligazón da aplicación ( ) para
cambiar entre a axuda e a aplicación aberta en
segundo plano.
Suxestión: Para colocar a axuda no menú
principal, seleccione
Ferramentas
>
Utilidades
, marque
Axuda
e seleccione
Opcións
>
Mover á carpeta
, e o menú
principal.