Verbo de My Nokia
My Nokia é un servizo gratuito que lle envía
regularmente mensaxes de texto con consellos,
trucos e asistencia para o seu dispositivo Nokia.
Tamén lle permite navegar ao sitio WAP My Nokia
onde pode atopar información detallada sobre os
dispositivos Nokia e descargar tons, gráficos, xogos
e aplicacións. Para empregar o servizo My Nokia,
cómpre que estea dispoñible no seu país e que o seu
fornecedor de servizo o admita. Debe rexistrarse
para empregar o dispositivo.
Aplícanse as tarifas de chamada cando envía
mensaxes para rexistrarse ou rematar a subscrición.
Para consultar os termos e condicións, consulte a
documentación que acompaña ao seu dispositivo
ou visite www.nokia.com/mynokia.