
Conexións de datos e puntos de
acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de
datos (servizo de rede), como GPRS, na rede GSM.
Cando se utiliza o dispositivo en redes GSM e UMTS,
pode haber varias conexións de datos activas ó
mesmo tempo e os puntos de acceso poden
compartir unha conexión de datos. Na rede UMTS,
as conexións de datos seguen activas durante as
chamadas de voz.
Tamén pode usar unha conexión de datos WLAN.
Nunha conexión LAN só pode estar activa ó mesmo
tempo unha conexión, pero varias aplicacións
poden utilizar o mesmo punto de acceso á Internet.
Para establecer unha conexión de datos, requírese
un punto de acceso. É posible definir diferentes
clases de puntos de acceso, como os seguintes:
●
Punto de acceso de MMS para enviar e recibir
mensaxes multimedia
●
Punto de acceso á Internet (IAP) para enviar e
recibir correos electrónicos e conectarse á
Internet
Comprobe o tipo de punto de acceso que necesita
co seu fornecedor de servizos para o servizo ó que
desexa acceder. Para consultar a dispoñibilidade e
a subscrición ós servizos de conexión de datos do
paquete, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.