
Puntos de acceso de paquete de datos
Prema
, seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Conexión
>
Destinos
>
Novo punto de acceso
e siga as instrucións da pantalla. Tamén pode abrir
un dos grupos de puntos de acceso, seleccionar un
punto de acceso marcado con e seleccionar
Editar
.
Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
●
Nome punto de acceso
— O punto de acceso
obtense do fornecedor de servizos.
●
Nome de usuario
— É posible que se necesite
o nome de usuario para realizar unha conexión
de datos. Este nome de usuario obtense
normalmente do fornecedor de servizos.
●
Petición contrasinal
— Se cómpre inserir o
contrasinal cada vez que inicia sesión nun
servidor ou se non desexa gardar o contrasinal
no dispositivo, seleccione
Si
.
●
Contrasinal
— É posible que se necesite un
contrasinal para realizar unha conexión de datos.
Este contrasinal obtense normalmente do
fornecedor de servizos.
●
Autenticación
— Seleccione
Segura
para enviar
sempre o seu contrasinal codificado ou
Normal
para enviar o contrasinal codificado cando sexa
posible.
●
Páxina de inicio
— Dependendo do punto de
acceso que configure, insira o enderezo web ou
o enderezo do centro de mensaxería multimedia.
Seleccione
Opcións
>
Axustes avanzados
e unha
das seguintes opcións:
●
Tipo de rede
— Seleccione o tipo de protocolo
da Internet para transferir datos dende e para o
dispositivo. O resto de axustes dependerán do
tipo de rede seleccionado.
●
Enderezo IP teléfono
(só para IPv4): — Insira o
enderezo IP do dispositivo.
●
Enderezos DNS
— Insira os enderezos IP dos
servidores DNS primario e secundario, se o
require o seu fornecedor de servizos. Para obter
estes enderezos, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos da Internet.
●
Enderezo servidor proxy
— Insira o enderezo
do servidor proxy.
●
Nº de porto proxy
— Insira o número de porto
do servidor proxy.
195
Axust
es