
Axustes de chamada
Prema e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Teléfono
>
Chamadas
.
●
Envío do número propio
— Pode configurar o
seu número de teléfono para que se amose (
Si
)
ou se oculte (
Non
) á persoa a quen está a chamar
ou é posible que o fornecedor de servizos
configure o valor cando faga unha subscrición
(
Fixar pola rede
) (servizo de rede).
●
Chamada en espera
— Para recibir alertas
cando se producen chamadas entrantes (servizo
de rede) durante as chamadas, seleccione
Activar
. Para comprobar se a función está
activada, seleccione
Comprobar estado
.
●
Rexeitar chamada mens.
— Para enviar unha
mensaxe de texto a un emisor de chamada
informándolle de que non puido responder á
chamada, seleccione
Si
.
●
Texto da mensaxe
— Escriba un texto para
envialo nunha mensaxe de texto cando rexeite
unha chamada.
●
Imaxe en videochamada
— Se non se envía o
vídeo durante unha videochamada, pode
190
Axust
es

seleccionar que se amose unha imaxe fixa no seu
lugar.
●
Rechamada automática
— Seleccione
Activada
e o dispositivo levará a cabo un
máximo de 10 intentos para conectar a chamada
despois dun intento de chamada sen éxito. Para
deter a rechamada automática, prema a tecla fin.
●
Amosar duración cham.
— Active este axuste
se desexa que se amose a duración das chamadas
durante as mesmas.
●
Resumo tras chamada
— Active este axuste se
desexa que se amose a duración das chamadas
despois das mesmas.
●
Marc. rápida
— Seleccione
Activada
e os
números asignados ás teclas numéricas (de 2 a
9) poden enviarse mantendo premida a tecla.
Vexa "Marcación rápida dun número de
teléfono", p. 157.
●
Calquera tecla responde
— Seleccione
Activada
, e poderá responder ás chamadas
entrantes premendo brevemente calquera tecla,
excepto a tecla de acendido, as teclas de
selección, a tecla de zoom/volume, ou a tecla de
captura.
●
Liña en uso
— Este axuste (servizo de rede) só
se amosa se a tarxeta SIM admite dous números
de subscritor, é dicir, dúas liñas de teléfono.
Seleccione que liña de teléfono desexa utilizar
para facer chamadas enviar mensaxes de texto.
As chamadas de ámbalas dúas liñas poden
responderse sen ter en conta a liña seleccionada.
Se selecciona
Liña 2
e non se subscribiu a este
servizo de rede, non poderá realizar chamadas.
Cando se selecciona a liña 2, amósase no modo
en espera.
●
Cambio de liña
— Para impedir a selección de
liñas (servizo de rede), seleccione
Desactivar
se
a tarxeta SIM admite esa opción. Para cambiar
este axuste, necesita o código PIN2.