Restrición de chamadas
Prema e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Teléfono
>
Restricións
.
A restrición de chamadas (servizo de rede) permite
restrinxir as chamadas que realice ou reciba co
dispositivo. Por exemplo, pode restrinxir tódalas
chamadas internacionais saíntes ou entrantes
cando se atopa no estranxeiro. Para cambiar os
axustes, necesita obter o contrasinal de restrición
do seu fornecedor de servizos.
O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ó mesmo tempo.
Cando as chamadas están restrinxidas, pode que
sexa posible efectuar chamadas a determinados
números de emerxencia oficiais.
Restrición de chamadas de voz
Seleccione a opción de restrición desexada e actívea
(
Activar
) ou desactívea (
Desactivar
), ou comprobe
se a opción está activa (
Comprobar estado
). A
restrición de chamadas afecta a tódalas chamadas,
incluídas as chamadas de datos.