Axustes de accesorios
Prema e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
Accesorios
.
Algúns conectores de accesorios indican o tipo de
accesorio está conectado ó dispositivo.
Vexa
"Indicadores da pantalla", p. 30.
Os axustes dispoñibles dependen do tipo de
accesorio. Seleccione un dos seguintes accesorios:
●
Perfil predeterminado
— Permite establecer o
perfil que desexa activar cada vez que conecta un
accesorio compatible determinado ó dispositivo.
●
Resposta automática
— Permite seleccionar se
desexa que o dispositivo responda ás chamadas
entrantes automaticamente despois de 5
segundos. Se se axusta o tipo de ton en
Un bip
ou en
Silencio
, deshabilítase a resposta
automática.
●
Iluminación
— Permite axustar se desexa que
as luces continúen acendidas ou se apaguen
despois de que o tempo de espera se esgote. Este
axuste non está dispoñible para tódolos
accesorios.
Axustes de saída de televisión
Para cambiar os axustes para unha conexión de
saída de televisión, seleccione
Saída de TV
e unha
das seguintes opcións:
●
Perfil predeterminado
— Permite axustar o
perfil que desexe activar cada vez que conecte un
Cable de conectividade de vídeo Nokia ó
dispositivo.
●
Tamaño pantalla TV
— Permite seleccionar o
formato do televisor:
Normal
ou
16:9
para
televisores de pantalla panorámica.
●
Sistema de televisión
— Seleccione o sistema
de sinal de vídeo analóxica que sexa compatible
co seu televisor.
●
Filtro de intermitencia
— Para mellorar a
calidade de imaxe na pantalla do seu televisor,
seleccione
Activado
. É posible que o filtro contra
o pestanexo non reduza a escintilación da imaxe
en tódalas pantallas de televisión.