Xestión de certificados
Prema e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de certificados
.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade;
utilízanse para verificar a orixe do software.
Na vista principal da xestión dos certificados, pode
ver unha lista dos certificados de autoridade
almacenados no seu dispositivo. Desprácese á
dereita para ver unha lista de certificados persoais,
se están dispoñibles.
Os certificados dixitais deben utilizarse para
conectarse a bancos en liña ou outros sitios ou
servidores remotos para realizar accións que
implican a transferencia de información
confidencial. Tamén deben empregarse para
reducir o risco de ser infectado por virus ou demais
software malintencionado e asegurarse da
autenticidade dun software cando o descargue e
instale.
Importante: Aínda que o uso de certificados
reduce considerablemente os riscos relacionados
coas conexións remotas e as instalacións de
software, cómpre utilizalos correctamente para
beneficiarse do aumento da seguridade. A
existencia dun certificado non ofrece protección por
si mesmo. O administrador do certificado debe
dispoñer de certificados correctos, auténticos ou
fiables para poder aumentar a seguridade. Os
certificados teñen data de caducidade. Se se amosa
"Certificado caducado" ou "O certificado non é
válido", incluso no caso de que o certificado debera
ser válido, comprobe que a hora e a data do
dispositivo son correctas.
Ver detalles dos certificados: comprobación
da súa autenticidade
Só se pode estar seguro da correcta identidade dun
servidor se se comproba a sinatura e o período de
validez dun certificado de servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se
non dispón do certificado de seguridade correcto no
seu dispositivo, recibirá unha notificación.
Para comprobar os detalles do certificado,
desprácese ata un certificado e seleccione
Opcións
>
Detalles do certificado
. Compróbase a
validez do certificado e é posible que se visualice
unha das seguintes notas:
188
Axust
es
●
Certificado non fiable
— Non axustou
ningunha aplicación para usar o certificado.
●
Certificado caducado
— O período de validez
do certificado finalizou.
●
Certificado aínda non válido
— O período de
validez do certificado aínda non comezou.
●
Certificado corrupto
— O certificado non se
pode usar. Póñase en contacto co emisor do
certificado.
Cambie os axustes de fiabilidade
Antes de modificar os axustes dos certificados,
cómpre asegurarse de que o propietario do
certificado é realmente fiable e que pertence
realmente ó propietario facilitado.
Desprácese a un certificado de autoridade e
seleccione
Opcións
>
Axustes fiabilidade
.
Dependendo do certificado, amósase unha lista das
aplicacións que poden usar o certificado
seleccionado. Por exemplo:
●
Instalación Symbian
:
Si
— O certificado é quen
de certificar a orixe dunha nova aplicación do
sistema operativo Symbian.
●
Internet
:
Si
— O certificado é quen de certificar
servidores.
●
Instalación aplics.
:
Si
— O certificado é quen de
certificar a orixe dunha aplicación Java nova.
Seleccione
Opcións
>
Edit. axustes fiabilidade
para cambiar o valor.