Información sobre a batería
e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A
batería deseñada para utilizarse co dispositivo é a
BL-5F. O dispositivo está deseñado para utilizarse
cos seguintes cargadores: AC-5. A batería pode
cargarse e descargarse centos de veces, pero
finalmente, desgástase. Cando a duración da
batería no modo de espera e durante as conversas
telefónicas se reduza considerablemente,
substitúaa. Utilice unicamente baterías autorizadas
por Nokia e recárgueas unicamente con cargadores
autorizados por Nokia deseñados para utilizarse
con este dispositivo. A utilización dunha batería ou
cargador non homologados pode implicar un risco
de incendio, explosión, fuga ou outros perigos.
O número exacto do modelo do cargador pode
variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo de
enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U,
A, C ou UB.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta
non se utiliza dende hai moito tempo, é posible que
sexa necesario conectar o cargador, desconectalo e
volvelo conectar para comezar a cargar a batería. Se
a batería está completamente descargada, é
posible que teña que esperar varios minutos para
poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Apague sempre o dispositivo e desconecte o
cargador antes de extraer a batería.
Desconecte o cargador da toma de corrente e do
dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha
batería completamente cargada conectada a un
cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a
súa vida útil. Se non se utilizan, as baterías cargadas
perden a súa carga co paso do tempo.
Intente manter sempre a batería a unha
temperatura comprendida entre os 15ºC e os 25ºC.
A exposición da batería a temperaturas extremas
reduce a capacidade e a vida útil da mesma. É
posible que o dispositivo non funcione
temporalmente se a batería está fría ou quente. O
rendemento da batería é especialmente limitado a
temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque un curtocircuíto na batería. É posible
que se produzan curtocircuítos accidentais se un
obxecto metálico, coma unha moeda, un clip ou un
bolígrafo provoca un contacto directo dos terminais
205
Batería
positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os terminais
teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto
pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha
batería de reposto no peto ou no bolso. Os
curtocircuítos nos terminais poden danar a batería
ou o obxecto que realiza o contacto.
Non bote as baterías ó lume, xa que poderían
explotar. As baterías tamén poden explotar se están
danadas. Respecte as normativas locais no
momento de desfacerse das baterías. Recicle as
baterías cando sexa posible. Non as deposite en
lugares destinados ós residuos domésticos.
Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre,
deforme, perfore nin triture as pilas nin as baterías.
No caso de que se produzan fugas na batería, evite
que o líquido entre en contacto coa pel ou os ollos.
No caso de que se produza a mencionada fuga, lave
inmediatamente a pel ou os ollos con auga ou
solicite asistencia médica.
Non modifique, reconstrúa nin intente inserir
obxectos estraños na batería, nin a expoña ou
somerxa en auga ou outros líquidos.
O uso non axeitado da batería pode provocar un
incendio, unha explosión e outros perigos. Se deixa
caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre
unha superficie dura, e cree que a batería puido
quedar danada, envíea a un centro de servizo
técnico para revisala antes de continuar
utilizándoa.
Utilice a batería unicamente para o uso para o que
foi deseñada. Nunca utilice cargadores nin baterías
danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos
nenos.