Instrucións de autenticación
das baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa
seguridade. Para asegurarse de que está a mercar
unha batería orixinal de Nokia, mérquea nun
distribuidor autorizado de Nokia, e leve a cabo os
seguintes pasos para comprobar se presenta a
etiqueta co holograma:
A correcta realización dos pasos indicados non
garante totalmente a autenticidade da batería. Se
ten razóns para pensar que a batería non é unha
batería auténtica e orixinal de Nokia, non a utilice
e envíea a un distribuidor ou ó centro de servizo
técnico máis próximo de Nokia para recibir
asistencia. O distribuidor ou o centro de servizo
técnico autorizado de Nokia inspeccionará a batería
para determinar a súa autenticidade. En caso de que
non sexa posible, devolva a batería ó
establecemento de compra.
206
Batería