
Qué debe facer se a batería non é
auténtica?
Se non pode confirmar se a batería co holograma
na etiqueta é unha batería Nokia auténtica, non a
utilice. Envíea ó distribuidor ou ó centro de servizo
técnico de Nokia máis próximo para obter
asistencia técnica. A utilización dunha batería non
autorizada polo fabricante pode resultar perigosa,
provocar un rendemento deficiente e danar o
dispositivo e os seus accesorios. Tamén pode
invalidar a autorización de uso e a garantía do
dispositivo.
Para obter máis información acerca das baterías
orixinais de Nokia, visite a páxina web
www.nokia.com/battery.
207
Batería