Acerca da cámara
O teléfono Nokia N96 posúe dúas cámaras. A cámara
principal de alta resolución (ata 5 megapíxeles)
atópase na parte posterior do dispositivo. A
secundaria, cunha resolución máis baixa, atópase
na parte dianteira. Pode utilizar ámbalas dúas
cámaras para capturar imaxes e gravar vídeos.
O dispositivo admite capturas de imaxes cunha
resolución de 2592x1944 píxeles. A resolución de
imaxe amosada nesta guía pode ter un aspecto
diferente.
As imaxes e os videoclips gárdanse
automaticamente na aplicación Fotos.
Vexa
"Fotos", p. 84.
As cámaras producen imaxes de
formato JPEG. Os videoclips grávanse no formato de
ficheiro MPEG-4 coa extensión .mp4 ou en formato
3GPP coa extensión .3gp (calidade correspondente
á función de compartir vídeos).
Vexa "Axustes de
vídeo", p. 82.
Para liberar memoria e gardar imaxes e videoclips
novos, transfira ficheiros a un ordenador
compatible, por exemplo, mediante un cable de
datos USB compatible, e elimine os ficheiros do
dispositivo. O dispositivo comunícalle cando a
memoria está chea. Pode liberar memoria no
almacenamento actual ou cambiar a memoria en
uso.
É posible enviar imaxes e videoclips en mensaxes
multimedia, como ficheiros adxuntos de correo
electrónico ou mediante outros métodos de
conexión, como a conectividade Bluetooth ou unha
conexión LAN sen fíos. Tamén pode cargalos a un
álbum en liña compatible.
Vexa " Compartir imaxes
e vídeos en liña ", p. 90.