Nokia N96 - Axustes da cámara de imaxes fixas

background image

Axustes da cámara de imaxes

fixas

Para cambiar os axustes principais, no modo imaxe,

seleccione

Opcións

>

Axustes

e unha das

seguintes opcións:

Calidade de imaxe

— Axuste a resolución (só

cámara principal) . Canto mellor sexa a calidade

da imaxe, máis memoria ocupará.

Engadir ó álbum

— Garde a imaxe nun álbum

en Fotos.

Gravar lugar

— Para engadir coordenadas de

localización GPS para cada ficheiro de imaxe,

seleccione

Activar

. A recepción do sinal GPS pode

tardar uns intres ou é posible que o sinal non

estea dispoñible.

Vexa "Información de

localización", p. 75.

Mostrar imaxe capturada

— Seleccione se

desexa ver a imaxe capturada despois de tomala

ou se desexa continuar coa captura de imaxes

inmediatamente.

Nome da imaxe predet.:

— Defina o nome

predeterminado para as imaxes capturadas.

Zoom dixital ampliado

— O axuste está só

dispoñible na cámara principal.

Activar

(continuo)

permite que os incrementos do zoom

sexan máis suaves e continuos entre o zoom

dixital e o zoom dixital ampliado,

Activar

(pausado)

permite que se insira unha pausa nos

incrementos do zoom no punto de paso dixital e

no punto de paso dixital ampliado e

Desactivar

permite aplicar lixeiramente o zoom mentres

retén a resolución da imaxe. Utilice o zoom

ampliado só cando achegarse ao suxeito sexa

máis importante que a calidade de imaxe final. A

calidade global dunha imaxe ampliada

dixitalmente é sempre inferior á dunha imaxe

sen ampliar.

Capturar ton

— Permite axustar o ton que

desexa que se escoite cando capture unha imaxe.

Memoria en uso

— Permite seleccionar onde

desexa gardar as imaxes.

Rotar imaxe

— Permite seleccionar se desexa

que as imaxes capturadas co dispositivo en

posición vertical se xiren cando se abran na

Galería.

Restab. axust. cámara

— Permite restablecer

os valores predeterminados dos axustes da

cámara.

81

mara