Axustes de cor e iluminación
Na barra de ferramentas activa, seleccione unha das
seguintes opcións:
●
Modo flash
( ) (só imaxes) — Permite
seleccionar o modo de flash que desexa.
●
Ton de cor
( ) — Permite seleccionar un efecto
de cor.
●
Acender a luz de vídeo
ou
Apagar a luz de
vídeo
— Permite activar ou desactivar a luz do
vídeo (só modo de vídeo).
●
Balance de brancos
( ) — Permite seleccionar
as condicións de iluminación actuais. Isto
permite que a cámara reproduza as cores de
xeito máis exacto.
●
Compensación de exposición
( ) (só
imaxes) — Se está a enfocar un motivo escuro en
contraste cun fondo moi luminoso, como a neve,
axuste a exposición en +1 ou +2 para compensar
o brillo do fondo. Cos motivos con brillantes
situados contra un fondo escuro, utilice os
axustes -1 ou -2.
●
Nitidez
( ) (só imaxes) — Permite axustar a
nitidez da imaxe.
●
Contraste
( ) (só imaxes) — Permite axustar a
diferenza entre as zonas máis claras e as máis
escuras da imaxe.
●
Sensibilidade á luz
( ) (só imaxes) — Aumente
a sensibilidade da luz en condicións de
iluminación baixas para evitar obter imaxes
demasiado escuras.
A visualización da pantalla cambia segundo os
axustes que faga.
Os axustes dispoñibles varían dependendo da
cámara seleccionada.
Os axustes de configuración son específicos do
modo de captura. O cambio dun modo a outro non
restablece os axustes definidos.
Os axustes de configuración volven ós seus valores
predeterminados cando pecha a cámara.
Se selecciona unha nova escena, os axustes de cor
e de luz substituiranse polos da escena
seleccionada. Pode cambiar os axustes de
configuración, se é preciso, despois de seleccionar
unha escena.