
Axustes de vídeo
Para cambiar os axustes principais, no modo vídeo,
seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das
seguintes opcións:
●
Calidade de vídeo
— Permite axustar a calidade
do videoclip. Seleccione
Compartir
se desexa
enviar o videoclip por medio dunha mensaxe
multimedia. O clip grávase con resolución QCIF,
en formato 3GPP e cun límite de tamaño de ata
300 kB (aproximadamente 30 segundos). É
posible que non poida enviar videoclips
82
Cá
mara

gardados en formato MPEG-4 en mensaxes
multimedia.
●
Gravar lugar
— Para engadir coordenadas de
localización GPS a cada ficheiro, seleccione
Activar
. A recepción do sinal GPS pode tardar uns
intres ou é posible que o sinal non estea
dispoñible.
Vexa "Información de
localización", p. 75.
●
Estabilización de vídeo
— Reduce os efectos
do movemento da cámara durante a gravación
de vídeos.
●
Gravación de son
— Permite seleccionar se
desexa gravar son.
●
Engadir ó álbum
— Permite engadir o videoclip
gravado a un álbum da aplicación Fotos.
●
Mostrar vídeo capturado
— Permite
seleccionar a visualización do primeiro
fotograma do videoclip gravado unha vez detida
a gravación. Para ver o videoclip completo,
seleccione
Reproducir
na barra de ferramentas
activa (cámara principal) ou
Opcións
>
Reproducir
(cámara secundaria).
●
Nome de vídeo predet.
— Permite inserir o
nome predeterminado para os videoclips
capturados.
●
Memoria en uso
— Permite seleccionar onde
desexa almacenar os seus videoclips.
●
Restab. axust. cámara
— Permite restablecer
os valores predeterminados dos axustes da
cámara.
83
Cá
mara