Captura de imaxes en secuencia
O modo secuencia só está dispoñible na cámara
principal.
Para axustar a cámara para capturar imaxes en
secuencia (se hai bastante memoria dispoñible), na
barra de ferramentas activa, seleccione
Modo de
secuencia
.
Para comezar a capturar imaxes en secuencia
rápida, seleccione
Refa.
e manteña premida a tecla
Capturar. O dispositivo capturará imaxes ata que
solte a tecla ou ata que se esgote a memoria. Se
preme a tecla Capturar brevemente, o dispositivo
capturará seis imaxes en secuencia.
Para capturar dúas ou máis imaxes en intervalos
definidos, seleccione o intervalo de tempo que
desexe. Para capturar as imaxes, prema a tecla
Capturar. Para deter a captura de imaxes, seleccione
Cancelar
. O número de imaxes capturadas depende
da memoria dispoñible.
As imaxes capturadas amósanse nun mosaico na
pantalla. Para ver unha imaxe, prema a tecla de
desprazamento. Se utilizou un intervalo de tempo,
só se amosará na pantalla a última imaxe
capturada. Pode ver o resto de imaxes na aplicación
Fotos.
Ademais, pode utilizar o modo secuencia co
temporizador automático.
Para volver ó visor do modo secuencia, prema a
tecla Capturar.
Para desactivar o modo de secuencia, na barra de
ferramentas activa, seleccione
Modo de
secuencia
>
Foto única
.