Consellos para obter boas
fotografías
Calidade da imaxe
Utilice a calidade de imaxe axeitada. A cámara
presenta varios modos de calidade de imaxe. Utilice
o axuste máis elevado para asegurarse de que a
cámara fornece a mellor calidade de imaxe
dispoñible. Non obstante, cómpre ter en conta que
unha mellor calidade de imaxe require máis espazo
de almacenaxe. Para as mensaxes multimedia
(MMS) e os ficheiros adxuntos de correo electrónico,
é posible que sexa necesario utilizar o modo de
calidade de imaxe máis baixo optimizado para o
envío de MMS. Pode definir a calidade nos axustes
da cámara.
Vexa "Axustes da cámara de imaxes
fixas", p. 81.
Fondo
Utilice un fondo simple. Para retratos e outras
imaxes con xente, evite que o motivo da foto se
atope diante dun fondo complexo e abarrotado que
poida distraer a atención do motivo. Mova a cámara
ou o suxeito cando non se poidan reunir estas
condicións. Achegue a cámara ó obxectivo para
obter retratos máis nítidos.
Profundidade
Cando capture paisaxes, engada profundidade ás
imaxes colocando obxectos en primeiro plano. Se o
obxecto situado no primeiro plano se atopa
demasiado preto da cámara, é posible que apareza
borroso.
Condicións de iluminación
O cambio da orixe, a cantidade e a dirección da luz
pode modificar drasticamente as fotografías. De
seguido indícanse algunhas condicións de
iluminación típicas:
●
Fonte de luz situada detrás do motivo. Evite
colocar o motivo diante dunha fonte de luz
potente. Se a fonte de luz se atopa detrás do
suxeito ou está visible na pantalla, é posible que
a imaxe resultante presente un contraste feble,
quizais demasiado escuro, e pode conter efectos
de luz non desexados.
●
Motivo iluminado desde un lateral. Unha potente
iluminación lateral causa un efecto espectacular,
aínda que quizais demasiado drástico,
resultando nun contraste demasiado forte.
●
Fonte de luz situada diante do motivo. A luz solar
potente pode provocar que os modelos pechen
78
Cá
mara
os ollos. Tamén é posible que o contraste sexa
demasiado alto.
●
A iluminación óptima atópase en situacións onde
existe unha luz suave e difusa, por exemplo, nun
día soleado coa presenza dalgunha nube ou nun
día soleado á sombra das árbores.