Nokia N96 - Información de localización

background image

Información de localización

Pode engadir automaticamente información de

localización de captura aos detalles do ficheiro do

material capturado. Por exemplo, na aplicación

Fotos pode ver a localización onde se capturou unha

imaxe.

Para engadir información de localización a todo o

material capturado, na cámara, seleccione

Opcións

>

Axustes

>

Gravar lugar

>

Activar

.

Indicadores de localización que se atopan na parte

inferior da pantalla:

— Información de localización non

dispoñible. O GPS permanece activado en

segundo plano durante varios minutos. Se se

atopa unha conexión de satélite e o indicador

cambia a nese tempo, etiquetaranse todas as

imaxes e vídeos capturados durante ese período

a partir da información de posicionamento do

GPS recibida.

— A información de localización está

dispoñible. A información de localización

engádese aos detalles do ficheiro.

Vexa "Axustes da cámara de imaxes fixas", p. 81.

Os ficheiros con información de localización

indícanse mediante na aplicación Fotos.