Despois de gravar un vídeo
Despois de gravar un videoclip, seleccione algunha
das seguintes opcións na barra de ferramentas
activa (dispoñible unicamente se
Mostrar vídeo
capturado
está axustado en
Activar
nos axustes de
vídeo):
●
Para reproducir inmediatamente o videoclip que
acaba de gravar, seleccione
Reproducir
( ).
●
Se non desexa conservar o vídeo, seleccione
Borrar
( ).
●
Para enviar o videoclip por medio dunha
mensaxe multimedia, un correo electrónico ou
outros métodos de conexión, como o Bluetooth,
prema a tecla Chamar ou seleccione
Enviar
( ).
Vexa "Escribir e enviar mensaxes", p. 142.Vexa
"Envío de datos mediante Bluetooth", p. 131.
Esta opción non está dispoñible durante as
chamadas. É posible que non poida enviar
videoclips gardados en formato MPEG-4 en
mensaxes multimedia.
Tamén pode enviar o videoclip á persoa coa que
está a falar. Seleccione
Enviar ó que chama
( ) (só dispoñible durante as chamadas).
●
Para engadir o videoclip a un álbum, seleccione
Engadir ó álbum
●
Para cargar o videoclip a un álbum en liña
compatible, seleccione (só dispoñible se
configurou unha conta para un álbum en liña
compatible).
Vexa " Compartir imaxes e vídeos en
liña ", p. 90.
●
Para volver ao visor e gravar un novo videoclip,
prema a tecla Capturar.