Nokia N96 - Formatar a memoria masiva

background image

Formatar a memoria masiva

Cando se reformata a memoria masiva, pérdense

todos os datos da memoria de xeito permanente.

Faga unha copia de seguridade dos datos que

desexe conservar antes de formatar a memoria

masiva. Pode usar Nokia Ovi Suite ou Nokia Nseries

PC Suite para facer unha copia de seguridade dos

datos nun ordenador compatible. É posible que as

tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM)

impidan que se restauren os datos da copia de

seguridade. Póñase en contacto co seu fornecedor

de servizos para obter máis información sobre a

DRM usada para o seu contido.
Para formatar a memoria masiva, seleccione

Opcións

>

Format. memo. masiva

. Non formate

a memoria masiva mediante o software do

ordenador, xa que pode producirse un

funcionamento anormal.
Formatar non garante que se destrúan

permanentemente todos os datos confidenciais

gardados no dispositivo de memoria masiva. Un

formato estándar só marca a área formatada como

espazo dispoñible e elimina os accesos para atopar

os ficheiros de novo. Aínda segue sendo posible a

recuperación de datos formatados ou incluso

sobrescritos con ferramentas e software de

recuperación.