Nokia N96 - Instalación de aplicacións e software 

background image

Instalación de aplicacións e

software

Os ficheiros de instalación pódense transferir ao

dispositivo dende un ordenador compatible,

descargar durante a navegación ou recibilos nunha

mensaxe multimedia, como ficheiro adxunto de

correo electrónico, ou mediante outros métodos de

conexión, como unha conexión Bluetooth. Pode

utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi

Suite ou Nokia Nseries PC Suite para instalar unha

aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o

seguinte:

aplicación .sis ou .sisx

aplicación Java

aplicación non instalada completamente
aplicación instalada na memoria masiva

aplicación instalada na tarxeta de memoria

Importante: Só instale e utilice aplicacións

e outro software procedente de fontes de

confianza, como como aplicacións Symbian Signed

ou que teñan pasado a proba Java Verified.

Antes da instalación, teña en conta o seguinte:

Para ver o tipo de aplicación, o número da

versión e o seu fornecedor ou creador, seleccione

Opcións

>

Ver detalles

.

Para amosar os detalles do certificado de

seguridade da aplicación, en Detalles:,

desprácese ata Certificados: e seleccione

Ver

detalles

.

Vexa "Xestión de certificados", p. 188.

Se instala un ficheiro que contén unha

actualización ou parche para unha aplicación

existente, só pode restaurar a aplicación orixinal

se posúe o ficheiro de instalación orixinal ou

unha copia de seguridade completa do paquete

de software eliminado. Para restaurar a

aplicación orixinal, elimine a aplicación e

instálea de novo dende o ficheiro de instalación

orixinal ou dende a copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java, requírese un

ficheiro .jar. Se non se atopa, é posible que o

teléfono lle solicite a súa descarga. Se non existe

ningún punto de acceso definido para a

aplicación, solicitaráselle seleccionar un. Durante

a descarga do ficheiro .jar, é posible que necesite

inserir un nome de usuario e un contrasinal para

acceder ao servidor. Pode obtelos do fornecedor

ou creador da aplicación.

Para instalar unha aplicación ou software:

176

Cartafol de aplicacións

background image

1.

Para localizar un ficheiro de instalación, prema

e seleccione

Aplicacións

>

Xestor aplic.

Tamén pode buscar os ficheiros de instalación

mediante o xestor de ficheiros ou abrir unha

mensaxe da

Mensaxería

>

Caixa entrada

que

conteña un ficheiro de instalación.

2.

No Xestor de aplicacións, seleccione

Opcións

>

Instalar

. Noutras aplicacións, desprácese ata o

ficheiro de instalación e seleccióneo para

iniciala.
Durante a instalación, o teléfono amosa

información acerca do seu progreso. Se instala

unha aplicación sen certificado ou sinatura

dixital, o teléfono amosará unha advertencia.

Continúe a instalación só se está seguro da orixe

e contido da aplicación.

Para executar unha aplicación instalada, localícea

no menú e selecciónea. Se a aplicación non posúe

un cartafol predeterminado definido, instalarase no

cartafol Aplicacións do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou

eliminados e a súa data, seleccione

Opcións

>

Ver

rexistro

.

Importante: Ó dispositivo só admite unha

aplicación antivirus. Dispoñer de máis dunha

aplicación con función antivirus pode afectar ao

rendemento e funcionamento ou provocar que o

dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de

memoria compatible, os ficheiros de instalación

(.sis, .sisx) permanecen na memoria do dispositivo.

É posible que os ficheiros utilicen grandes

cantidades de memoria e lle impidan almacenar

outros ficheiros. Para conservar unha memoria

suficiente, utilice Nokia Ovi Suite ou Nokia Nseries

PC Suite para realizar copias de seguridade dos

ficheiros de instalación nun ordenador compatible

e, a continuación, utilice o xestor de ficheiros para

eliminar os ficheiros de instalación dende a

memoria do teléfono. Se o ficheiro .sis é un ficheiro

achegado dunha mensaxe, elimine a mensaxe da

caixa de entrada de mensaxería.