Radio FM
É posible utilizar a radio como unha radio FM
tradicional e sintonizar e gardar automaticamente
as emisoras. Se sintoniza emisoras que ofrecen o
servizo de Visual Radio (servizo de rede), poderá ver
información relacionada co programa de radio na
pantalla.
A radio admite a funcionalidade do Sistema de
Datos de Radio (RDS). As emisoras de radio que
admiten RDS poden amosar información, como o
nome da emisora. Se se activou nos axustes, a
función RDS tamén trata de buscar unha frecuencia
alternativa á emisora que se está a escoitar
actualmente, se a recepción é feble.
Cando abra a radio por primeira vez, un asistente
axudaralle a gardar emisoras de radio locais
(servizo de rede).
Se non pode acceder ó servizo Visual Radio, é
posible que os operadores e as emisoras de radio
da súa área non admitan a función Visual Radio.