
Transferencias con Windows Media
Player
As funcións de sincronización de música poden
variar entre as diferentes versións da aplicación
Windows Media Player. Para obter máis
información, consulte as guías e a axuda
correspondentes de Windows Media Player. As
seguintes instrucións aplícanse a Windows Media
Player 11.
Sincronización manual
Coa sincronización manual, pode seleccionar as
cancións e as listas de reprodución que desexa
mover, copiar ou eliminar.
1.
Unha vez conectado o dispositivo con Windows
Media Player, seleccione o seu dispositivo no
panel de navegación situado á dereita (no caso
de existir máis dun dispositivo conectado).
Se inseriu unha tarxeta de memoria compatible
no seu dispositivo, Windows Media Player
61
Carta
fol de
música

amosará a memoria masiva e a tarxeta de
memoria como dispositivos diferentes.
2.
No panel de navegación situado á esquerda,
busque os ficheiros de música do ordenador que
desexa sincronizar.
3.
Arrastre e solte as cancións na Lista de
sincronización situada á dereita.
Pode ver a cantidade de memoria dispoñible no
dispositivo enriba da Lista de sincronización.
4.
Para eliminar cancións ou álbums, seleccione un
elemento na Lista de sincronización, faga clic
co botón dereito do rato e seleccione Eliminar
da lista.
5.
Para iniciar a sincronización, faga clic en Iniciar
sincronización.
Sincronización automática
1.
Para activar a función de sincronización
automática no Windows Media Player, faga clic
na ficha Sync, seleccione Teléfono Nokia >
Configurar sincronización... e marque a caixa
de verificación Sincronizar este dispositivo
automaticamente.
2.
Seleccione as listas de reprodución que desexa
sincronizar automaticamente no panel Listas
de reprodución dispoñibles e faga clic en
Engadir.
Os elementos seleccionados transfírense ó panel
Listas de reprodución para sincronizar.
3.
Para finalizar a configuración da sincronización
automática, faga clic en Finalizar.
Cando a caixa de verificación Sincronizar este
dispositivo automaticamente está marcada e
vostede conecta o dispositivo co ordenador, a
biblioteca de música do dispositivo actualízase
automaticamente a partir das listas de reprodución
que selecciona para a sincronización en Windows
Media Player. Se non se seleccionaron listas de
reprodución, selecciónase para a sincronización
toda a biblioteca de música do ordenador. Se non
dispón de memoria libre suficiente no dispositivo,
Windows Media Player selecciona
automaticamente a sincronización manual.
Para deter a sincronización automática, faga clic na
ficha Sincronizar e seleccione Deter
sincronización con "Teléfono Nokia".