
Licenzas
Para ver as licenzas de dereitos dixitais, prema
e seleccione
Aplicacións
>
Multimedia
>
Licenzas
.
Xestión dos dereitos dixitais
116
Cartafol multimedia

É posible que os propietarios de contidos utilicen
diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de
dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa
propiedade intelectual, incluídos os dereitos de
autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de
software DRM para acceder a contido protexido
mediante DRM. Con este dispositivo pode acceder a
contido protexido con WMDRM 10, OMA DRM 1.0 e
OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non
protexe o contido, é posible que os propietarios do
contido soliciten que se anule a capacidade do
mencionado software de acceder a novos contidos
protexidos mediante DRM. Esta anulación pode
tamén impedir a renovación do contido protexido
mediante DRM que xa se atope no dispositivo. Esta
anulación non afectará ó uso de contido protexido
con outros tipos de DRM ou ó uso de contido non
protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos
dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha clave
de activación asociada que define os seus dereitos
para utilizar o contido.
É posible que outros métodos de transferencia non
transfiran as claves de activación que é necesario
recuperar co contido para que poida continuar
utilizando o contido protexido mediante OMA DRM
despois de formatar a memoria do dispositivo.
Tamén é posible que necesite recuperar as claves de
activación en caso de que se danen os ficheiros do
dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido
mediante WMDRM, as claves de activación e o
contido perderanse se formata a memoria do
dispositivo. Tamén é posible que perda as claves de
activación e o contido se se danan os ficheiros do
dispositivo. A perda das claves de activación ou do
contido pode limitar a súa capacidade para utilizar
o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para
obter máis información, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.
É posible que algunhas claves de activación estean
ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida
acceder ó contido protexido se a tarxeta SIM se
atopa inserida no dispositivo.
Na vista principal, seleccione unha das seguintes
opcións:
●
Licenzas válidas
— Permite ver as licenzas
ligadas a ficheiros multimedia ou licenzas cuxo
período de validez non comezou.
●
Licen. non válid.
— Permite ver as licenzas non
válidas (o período de tempo para utilizar o
ficheiro multimedia finalizou ou existe un
ficheiro multimedia protexido no dispositivo
pero non dispón dunha clave de activación ligada
a el).
●
Non en uso
— Permite ver licenzas sen ficheiros
multimedia ligados a elas no dispositivo.
117
Cartafol multimedia

Para adquirir máis tempo de uso para un ficheiro
multimedia, seleccione unha licenza non válida e
Opcións
>
Obter nova licenza
(cómpre activar as
mensaxes de servizo web).
Vexa "Axustes de
mensaxes do servizo web", p. 154.
Para ver detalles dunha clave de activación,
seleccione a clave.