
Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño
e artesanía superiores e debe ser tratado con
coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a
conservar a cobertura da garantía.
●
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a
humidade e tódolos tipos de líquidos poden
conter minerais que corroan os circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto
coa auga, retire a batería e agarde a que o
dispositivo se seque completamente antes de
volver a colocala.
●
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares
sucios e poeirentos, xa que poderían producirse
danos nas súas pezas móbiles e nos
compoñentes electrónicos.
●
Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As
temperaturas elevadas poden reducir a vida útil
dos dispositivos electrónicos, danar as baterías e
deformar ou derreter determinados plásticos.
●
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o
dispositivo regrese á súa temperatura normal, é
posible que se forme humidade no interior do
mesmo e que se produzan danos nas placas dos
circuítos electrónicos.
●
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto
ó indicado nesta guía.
●
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un
manexo brusco pode producir a rotura das placas
dos circuítos e do mecanismo interno.
Os discos duros son compoñentes de gran
fraxilidade que deben ser manexados con
coidado. Tódolos impactos provocados por
golpes, vibracións, sacudidas e caídas, o manexo
non axeitado do dispositivo, as temperaturas
extremas, a humidade e os líquidos poden
provocar fallos de funcionamento no disco duro
e que se produzan perdas ou danos nos datos.
●
Non utilice produtos químicos agresivos,
disolventes de limpeza nin deterxentes
concentrados para limpar o dispositivo.
●
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar
as pezas móbiles e impedir o funcionamento
axeitado.
●
Utilice un pano seco, suave e limpo para limpar
os obxectivos da cámara e do sensor de
proximidade.
●
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida
ou unha autorizada polo fabricante. A utilización
208
Co
id
ad
o e man
temen
to

de antenas, modificacións ou accesorios non
autorizados pode danar o dispositivo e infrinxir
a lexislación que regula o uso de dispositivos de
radio.
●
Utilice os cargadores en lugares interiores.
●
Cree sempre unha copia de seguridade dos datos
que desexe manter, coma os contactos e as notas
do calendario.
●
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para
obter un rendemento óptimo, apágueo e retire a
batería.
As suxestións indicadas a continuación, aplícanse
igualmente ó dispositivo, á batería, ó cargador ou
a calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona
correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.