Acerca da conectividade
Bluetooth
Pode establecer unha conexión sen fíos a outros
dispositivos compatibles, como teléfonos móbiles,
ordenadores, auriculares e kits de vehículos con
conexión Bluetooth.
Pode utilizar a conexión para enviar imaxes,
videoclips, música e clips de son, e notas, transferir
ficheiros dende o seu ordenador compatible e
imprimir imaxes cunha impresora compatible.
Xa que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos
Bluetooth se comunican mediante ondas de radio,
non se teñen que atopar nunha liña visual directa.
Non obstante, cómpre que se atopen como máximo
a 10 metros o un do outro, aínda que a conexión
pode sufrir interferencias debido a obstáculos como
paredes ou a outros dispositivos electrónicos.
O dispositivo axústase á especificación Bluetooth
2.0 que admite os seguintes perfís: Perfil de
distribución de audio e vídeo xenérica, perfil de
distribución de audio avanzada, perfil de control
remoto de audio e vídeo, perfil de tratamento
básico de imaxes, perfil de impresión básica, perfil
de conexión á rede por liña conmutada, perfil de
transferencia de ficheiros, perfil de mans libres,
perfil de auriculares, perfil de dispositivo de
interface humana, perfil de envío de obxectos, perfil
de acceso á SIM, perfil de sincronización, perfil de
porto de serie e perfil de acceso á axenda de
teléfonos. Para garantir a interoperabilidade con
outros dispositivos con compatibilidade Bluetooth,
utilice os accesorios autorizados por Nokia con este
modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos
outros dispositivos para obter información sobre a
compatibilidade con este dispositivo.
130
Con
exió
ns
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth
aumentan o consumo de enerxía e reducen a
duración da batería.
Cando o dispositivo está bloqueado, non se pode
utilizar a conectividade Bluetooth.