Nokia N96 - Envío de datos mediante Bluetooth

background image

Envío de datos mediante

Bluetooth

Pódense activar varias conexións Bluetooth ó

mesmo tempo. Por exemplo, se está conectado a

uns auriculares compatibles, pode transferir

ficheiros a outro dispositivo compatible ó mesmo

tempo.

1.

Abra a aplicación onde se garda o elemento que

desexa enviar. Por exemplo, para enviar unha

131

Con

exió

ns

background image

imaxe a outro dispositivo compatible, abra

Fotos.

2.

Seleccione o elemento e prema

Opcións

>

Enviar

>

Por Bluetooth

.

Amosaranse os dispositivos con tecnoloxía sen

fíos Bluetooth que se atopen dentro do seu

alcance. As iconas dos dispositivos son as

seguintes:

ordenador

teléfono

dispositivo de vídeo ou de audio

outros dispositivos

Para interromper a busca, seleccione

Deter

.

3.

Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.

4.

Se o outro dispositivo realiza unha petición de

vinculación para poder transferir os datos,

escóitase un son e solicítase inserir un código.

Vexa "Vinculación de dispositivos", p. 132.

Cando se establece a conexión, amósase a

mensaxe

Enviando datos

.

Suxestión: Cando se realiza a busca dos

dispositivos, é posible que algúns só amosen

o enderezo único (enderezo do dispositivo).

Para atopar o enderezo único do seu

dispositivo, insira *#2820# no modo de

espera.