Modo de SIM remota
Para poder activar o modo de SIM remota, cómpre
que os dous dispositivos estean vinculados e que a
vinculación se inicie dende o outro dispositivo. Na
vinculación, utilice un código de 16 díxitos e axuste
o outro dispositivo como autorizado.
133
Con
exió
ns
Para utilizar o modo de SIM remota cun kit de
automóbil compatible, active a conectividade
Bluetooth e permita a utilización do modo de SIM
remota co seu dispositivo. Active o modo de SIM
remota dende o outro dispositivo.
Cando o modo de SIM remota está activado no seu
dispositivo, amósase
Modo SIM remota
no modo
en espera. A conexión coa rede sen fíos desactívase,
tal e como se amosa mediante na zona do
indicador de potencia do sinal, e non se poden
utilizar os servizos da tarxeta SIM nin as funcións
que requiren cobertura de rede móbil.
Se o dispositivo sen fíos está en modo de SIM
remota, só poderá utilizar un accesorio conectado
compatible, como un kit de automóbil, para
efectuar ou recibir chamadas. O dispositivo sen fíos
non efectuará ningunha chamada, excepto ós
números de emerxencia programados no
dispositivo, cando se atope en modo de SIM remota.
Para efectuar chamadas dende o dispositivo,
primeiro cómpre abandonar o modo de SIM remota.
Se o dispositivo está bloqueado, insira o código de
bloqueo para desbloquealo.
Para abandonar o modo de SIM remota, prema a
tecla de acendido e seleccione
Saír modo SIM
remoto
.