Vinculación de dispositivos
Para vincular dispositivos compatibles e ver os
dispositivos vinculados, desprácese á dereita na
vista principal da conectividade Bluetooth.
Antes da vinculación, cree o seu propio código (de
1 a 16 díxitos) e acorde co propietario do outro
dispositivo utilizar o mesmo código. Os dispositivos
que non presentan unha interface de usuario
posúen un código axustado de fábrica. O código
utilízase só unha vez.
1.
Para vincular un dispositivo, seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
.
Amosaranse os dispositivos que se atopan
dentro do seu alcance.
2.
Seleccione o dispositivo e insira o código.
Cómpre inserir o mesmo código tamén no outro
dispositivo.
3.
Algúns accesorios de audio conectan
automaticamente co seu dispositivo despois da
vinculación. De non ser así, desprácese ata o
accesorio e seleccione
Opcións
>
Conec. con
dispos. audio
Os dispositivos vinculados indícanse mediante o
símbolo na busca de dispositivos.
Para axustar un dispositivo como autorizado ou non
autorizado, desprácese ata o dispositivo e
seleccione unha das seguintes opcións:
132
Con
exió
ns
●
Fixar como autorizado
— As conexións entre o
seu dispositivo e o dispositivo autorizado
pódense realizar sen o seu coñecemento. Non se
precisa ningún tipo de consentimento ou
autorización individual. Utilice este estado para
os seus propios dispositivos, como os auriculares
compatibles, ordenadores ou dispositivos que
pertenzan a unha persoa de confianza. indica
os dispositivos que se atopan autorizados na
vista de dispositivos vinculados.
●
Fixar non autorizado
— Con esta opción,
cómpre que as solicitudes de conexión deste
dispositivo se acepten por separado de cada vez.
Para cancelar unha vinculación, desprácese ata o
dispositivo e seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Se desexa cancelar tódalas vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar todos
.