Nokia N96 - Acerca da WLAN

background image

Acerca da WLAN

Para utilizar a rede LAN (WLAN) sen fíos, cómpre que

estea dispoñible no lugar onde se atope e que o seu

dispositivo estea conectado á WLAN. Algunhas

WLAN están protexidas, e precisa dunha clave de

acceso do seu fornecedor de servizos para

conectarse a elas.
Nalgúns lugares, como en Francia, existen

restricións no uso de redes LAN sen fíos. Póñase en

contacto coas autoridades locais para obter máis

información.
As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen

autorización para executarse en segundo plano

mentres se utilizan outras funcións, aumentan a

demanda de enerxía da batería e reducen a vida útil

da mesma.
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:

IEEE 802.11b/g estándar

Funcionamento a 2,4 GHz

Privacidade equivalente por cables (WEP) con

claves de ata 128 bits, acceso protexido a Wi-Fi

(WPA), métodos de cifrado 802.1x e

configuración protexida de Wi-FI (WPS). Estas

funcións pódense utilizar só se a rede as admite.