Conexións WLAN
Para utilizar a WLAN, cómpre crear un punto de
acceso á Internet (IAP) para a WLAN. Utilice o punto
de acceso para as aplicacións que necesitan
conectarse á Internet.
Vexa "Puntos de acceso á
Internet WLAN", p. 129.
Importante: Active sempre un dos métodos
de cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade
da conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado
reduce o risco de que accedan de xeito non
autorizado ós seus datos.
127
Con
exió
ns
As conexións WLAN establécense cando crea unha
conexión de datos mediante un punto de acceso á
Internet WLAN. A conexión WLAN activa finaliza
cando finaliza a conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de
voz ou cando o paquetes de datos está activo. Só
pode estar conectado a un dispositivo de punto de
acceso WLAN ó mesmo tempo, pero varias
aplicacións poden utilizar o mesmo punto de acceso
á Internet.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda
pode utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde
cumprir con tódolos requisitos de seguridade
aplicables cando estableza e utilice unha conexión
WLAN.
Suxestión: Para consultar o enderezo MAC
único que identifica o seu dispositivo, insira
*#62209526# no modo en espera.