Contactos (axenda de teléfonos)
En Contactos, pode gardar e actualizar a
información de contacto, como números de
teléfono, enderezos postais ou enderezos de correo
electrónico dos seus contactos. Pode engadir un ton
de chamada persoal ou unha miniatura a unha
tarxeta de contacto. Ademais, tamén pode crear
grupos de contacto, o que lle permite enviar
mensaxes de texto ou correos electrónicos a varios
destinatarios á vez.