
Engadir tons de chamada ós
contactos
Prema
e seleccione
Contactos
.
Para definir un ton de chamada para un contacto ou
grupo de contactos, siga os pasos que se indican a
continuación:
1.
Prema a tecla de desprazamento para abrir unha
tarxeta de contacto ou acceder á lista de grupos
e seleccionar un grupo de contactos.
2.
Seleccione
Opcións
>
Ton de chamada
.
Abrirase unha lista de tons de chamada.
3.
Seleccione o ton de chamada que desexa utilizar
para o contacto individual ou para os membros
do grupo seleccionado.
Cando un contacto ou membro do grupo lle chama,
o dispositivo reproducirá o ton de chamada elixido
(se o número de teléfono se envía coa chamada e o
teléfono o recoñece).
Para eliminar o ton de chamada, seleccione
Ton
predeterminado
da lista de tons de chamada.