Compartir imaxes e vídeos
en liña
Pode compartir imaxes e videoclips en álbums en
liña compatibles, weblogs ou outros servizos
compatibles para compartir en liña dispoñibles na
web. Pode cargar contido, gardar mensaxes
inacabadas como esbozos e continuar máis tarde, e
ver o contido dos álbums. Os tipos de contido
90
Fo
to
s
admitido poden variar dependendo do fornecedor
de servizos.
Para compartir imaxes e vídeos en liña, cómpre
dispor dunha conta cun servizo para compartir
imaxes en liña. Normalmente, pódese subscribir a
un destes servizos na páxina web do seu fornecedor
de servizos. Póñase en contacto so seu fornecedor
de servizos para obter máis información.
O uso deste servizo pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información
acerca das tarifas de transmisión de datos.
O método de conexión recomendado é WLAN.
Para cargar un ficheiro de Fotos no servizo en liña,
prema e seleccione
Fotos
. Seleccione un álbum,
desprácese ata o ficheiro desexado e seleccione
Opcións
>
Enviar
>
Cargar web
, ou seleccione o
ficheiro e na barra de ferramentas activa.
Para obter máis información acerca da aplicación e
dos fornecedores de servizo compatibles, consulte
as páxinas de asistencia técnica de Nokia ou o seu
sitio web local de Nokia.
91
Fo
to
s