Etiquetas
Utilice etiquetas para clasificar elementos
multimedia en Fotos. É posible crear e eliminar
etiquetas no xestor de etiquetas. O xestor de
etiquetas amosa as etiquetas que se están a utilizar
nestes intres e o número de elementos asociados
con cada etiqueta.
Para abrir o xestor de etiquetas, seleccione unha
imaxe ou videoclip e seleccione
Opcións
>
Detalles
>
Xestor de etiquetas
.
Para crear unha etiqueta, seleccione
Opcións
>
Etiqueta nova
.
Para ver a lista ordenada polos elementos utilizados
máis frecuentemente, seleccione
Opcións
>
Máis
usadas
.
Para ver a lista ordenada alfabeticamente,
seleccione
Opcións
>
Alfabético
.
Para ver as etiquetas creadas, seleccione
Etiquetas
na vista principal de Fotos. O tamaño do
nome da etiqueta corresponde ó número de
elementos ós que está asignada a etiqueta.
Seleccione unha etiqueta para ver tódalas imaxes
asociada con ela.
Para asignar unha etiqueta a unha imaxe,
seleccione unha imaxe e seleccione
Opcións
>
Engadir etiquetas
.
Para eliminar unha imaxe dunha etiqueta, abra
unha etiqueta e seleccione
Opcións
>
Eliminar da
etiqueta
.