Nokia N96 - Impresión en liña

background image

Impresión en liña

Coa función de impresión en liña, é posible solicitar

a impresión de imaxes en liña directamente á súa

casa ou a un establecemento de impresión. Tamén

é posible solicitar produtos diferentes coa imaxe

seleccionada, como xerras ou alfombras para ratos.

Os produtos dispoñibles varían en función do

fornecedor de servizos.
Se desexa obter máis información sobre a

aplicación, consulte as guías dispoñibles nas

páxinas de asistencia técnica do produto Nokia ou

no sitio web local de Nokia.