Ver imaxes e vídeos
Prema
, seleccione
Fotos
e unha das seguintes
opcións:
●
Todos
— Permite ver todas as imaxes e vídeos.
●
Capturadas
— Permite ver as imaxes
capturadas e os videoclips gravados coa cámara
do dispositivo.
●
Descargas
— Permite ver os videoclips
descargados e os videoclips gardados no Centro
de vídeo.
As imaxes e os videoclips tamén se poden enviar en
mensaxes multimedia, como ficheiros adxuntos de
correo electrónico ou a través de Bluetooth. Para
poder ver unha imaxe ou videoclip recibido en
Fotos, primeiro cómpre gardalos.
Os ficheiros de
imaxe e de
videoclips
atópanse nun
bucle e ordénanse
segundo a data e a
hora. Amósase o
número de
ficheiros. Para
examinar os ficheiros un a un, desprácese á
esquerda ou á dereita. Para buscar ficheiros en
grupos, desprácese arriba ou abaixo.
84
Fo
to
s
Para abrir un ficheiro, prema a tecla de
desprazamento. Cando se abre unha imaxe, prema
a tecla de zoom situadas debaixo da tapa para
ampliala. A relación de zoom non se almacena
permanentemente.
Para editar unha imaxe, seleccione
Opcións
>
Editar
.
Vexa "Edición de imaxes", p. 88.
Para ver onde se capturou unha imaxe marcada con
, seleccione
Opcións
>
Amosar no mapa
.