Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con
sinais de radio, redes inalámbricas, redes terrestres
e funcións programadas polo usuario. Se o
dispositivo admite chamadas de voz a través da
Internet (chamadas de Internet), active as
chamadas de Internet e o teléfono móbil. O
dispositivo intentará efectuar as chamadas de
emerxencia a través das redes móbiles e do
fornecedor de chamadas de Internet se se atopan
activadas ámbolos dous. Non se pode garantir que
a conexión funcione en tódalas condicións. Nunca
dependa unicamente dun dispositivo móbil para
efectuar comunicacións importantes, coma
urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o
seguinte:
1.
Se o dispositivo está apagado, acéndao.
Comprobe que a intensidade do sinal é a
axeitada. En función do dispositivo, é posible
que tamén necesite realizar o seguinte:
●
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo a
utiliza
●
Elimine as restricións das chamadas que
estean activadas no dispositivo.
●
Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un
perfil activo.
2.
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para
borrar a pantalla e preparar o dispositivo para
chamadas.
3.
Insira o número de emerxencia da localidade na
que se atope. Os números de emerxencia poden
variar en cada localidade.
4.
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite
toda a información necesaria do xeito máis preciso
posible. É posible que o seu dispositivo inalámbrico
sexa o único medio de comunicación na escena dun
accidente. Non finalice a chamada ata que reciba
permiso para facelo.
INFORMACIÓN DE