CERTIFICADO (SAR)
O dispositivo móbil cumpre coas directrices de
exposición a ondas radiofónicas.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de
radio. Está deseñado para non superar os límites de
213
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade
exposición a ondas radiofónicas recomendados
polas normas internacionais. Estas normas foron
desenvolvidas pola organización científica
independente ICNIRP e inclúen marxes de
seguridade deseñados para garantir a protección a
tódalas persoas, independentemente da súa idade
e estado de saúde.
As normas de exposición de dispositivos móbiles
empregan unha unidade de medición coñecida
como Taxa específica de absorción ou SAR. O límite
da SAR indicado nas normas da ICNIRP é de 2,0
vatios/quilogramo promediado sobre dez gramos
de tecido corporal. As probas de SAR realízanse en
posicións de funcionamento estándar, mentres o
dispositivo transmite ó máximo nivel de potencia
certificado en tódalas bandas de frecuencia
probadas. O nivel SAR real dun dispositivo en
funcionamento pode estar por debaixo do valor
máximo debido a que o dispositivo foi deseñado
para usar só a potencia necesaria para acceder á
rede. Esa cantidade cambia dependendo dun
número de factores como a súa proximidade a unha
estación base de rede. Segundo os procedementos
de probas da ICNIRP, o valor SAR máximo cando foi
probado o dispositivo para o seu uso xunto ao oído
é 0,91 W/kg .
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a
aparición de valores SAR diferentes. Os valores SAR
poden variar en función dos requisitos de
información e probas nacionais e da banda de rede.
Para obter máis información sobre a SAR, consulte
a sección de información do produto na páxina web
www.nokia.com.
214
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade