Nokia N96 - Vehículos

background image

Vehículos

Os sinais de radiofrecuencia poden afectar ós

sistemas electrónicos incorrectamente instalados

ou protexidos dos vehículos, por exemplo, os

sistemas de inxección de combustible, os sistemas

de ABS, os sistemas de control de velocidade

electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter

máis información, póñase en contacto co

fabricante, ou un representante deste, do vehículo

ou dos equipos instalados no mesmo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado

nun vehículo por parte de persoal cualificado. Unha

instalación ou reparación defectuosa pode resultar

perigosa e pode invalidar a garantía do dispositivo.

Comprobe regularmente que todos os dispositivos

inalámbricos do vehículo funcionen e estean

montados correctamente. Non almacene nin

transporte líquidos inflamables, gases ou materiais

explosivos no mesmo compartimento que o

dispositivo, os seus compoñentes ou dispositivos.

Nos vehículos equipados con airbag, recorde que

estes despréganse con gran forza. Non coloque

obxectos, incluídos os equipos inalámbricos

instalados ou portátis, sobre o airbag ou na zona

onde se desprega o airbag. Se o equipo inalámbrico

do vehículo se instala incorrectamente e o airbag se

desprega, é posible que se produzan lesións graves.

Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha

aeronave. Apague o dispositivo antes de embarcar

nun voo. O uso de teledispositivos inalámbricos

nunha aeronave pode resultar perigoso para o

funcionamento do avión, interferir coa rede

telefónica inalámbrica e pode ser ilegal.