Acendido do dispositivo
1.
Manteña premida a tecla de acendido.
16
Introdución
2.
Cando o dispositivo
solicite o código PIN ou o
código de bloqueo,
insírao e prema a tecla de
selección esquerda. O
código de bloqueo
predeterminado é 12345.
É posible que o dispositivo
dispoña de antenas internas
e externas. Igual que noutros
dispositivos de transmisión
de radio, evite tocar a zona da
antena innecesariamente mentres se atope
transmitindo ou recibindo. O contacto coa antena
afecta á calidade da comunicación, pode causar que
o dispositivo necesite un nivel superior de potencia
para funcionar e pode reducir a duración da batería.
1
— Antena
2
— Antena para tecnoloxía Bluetooth, LAN sen fíos
e DVB-H; receptor GPS
Teña en conta que as antenas de Bluetooth, WLAN,
GPS e DVB-H están situadas na tapa posterior do
dispositivo. Se cambia a tapa posterior, comprobe
que a nova tapa inclúe estas antenas, do contrario
estas conexións deixarán de funcionar.