Nokia N96 - Acerca de Mapas

background image

Acerca de Mapas

Prema

e seleccione

Mapas

.

Con Mapas, pode ver a súa situación actual no mapa,

buscar mapas de diferentes cidades e países, buscar

enderezos e diferentes puntos de interese, planear

rutas dende unha situación a outra, ver información

do tráfico e gardar lugares como favoritos e

envialos a dispositivos compatibles.
Ademais, pode adquirir servizos adicionais, como

guías e un servizo de navegación Conducir &

Camiñar detallado con orientación por voz e un

servizo de información de tráfico.
A aplicación Mapas utiliza o servizo GPS.

Vexa

"Posicionamento (GPS)", p. 101.

Pode definir os

métodos de posicionamento utilizados co

dispositivo nos axustes.

Vexa "Axustes de

posicionamento", p. 189.

Para obter a información

de localización máis precisa, utilice tanto o GPS

interno como un receptor GPS externo compatible.
Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que

necesite definir un punto de acceso á Internet para

descargar a información do mapa da súa

localización actual. Para cambiar o punto de acceso

predeterminado máis tarde, en Mapas, seleccione

Opcións

>

Ferramentas

>

Axustes

>

Internet

>

Destino da rede

(só se amosa cando

está en liña).
Cando busque un mapa en Mapas, os datos do

mesmo para a área descárganse automaticamente

no dispositivo a través da Internet. Descargarase

automaticamente un mapa novo só se se despraza

ata unha zona que non estea incluída nos mapas xa

descargados. Pode que a memoria masiva do

dispositivo conteña algúns mapas precargados.
Pode descargar máis mapas ao seu dispositivo

mediante o software de ordenador Nokia Map

Loader.

Vexa "Descarga de mapas", p. 109.

Suxestión: Tamén pode descargar mapas

mediante unha conexión LAN sen fíos.

A descarga de mapas pode implicar a transmisión

de grandes cantidades de datos a través da rede do

seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co

seu fornecedor de servizos para obter información

acerca das tarifas de transmisión de datos.
Se desexa que a aplicación Mapas estableza unha

conexión á Internet automaticamente cando inicie

a aplicación, en Mapas, seleccione

Opcións

>

107

Mapas

background image

Ferramentas

>

Axustes

>

Internet

>

Conectar

ó inicio

>

Si

.

Para recibir unha nota cando o seu dispositivo se

rexistra nunha rede fóra da súa rede doméstica,

seleccione

Opcións

>

Ferramentas

>

Axustes

>

Internet

>

Aviso de itinerancia

>

Activado

(só

se amosa cando está en liña). Póñase en contacto

co seu fornecedor de servizos de rede para coñecer

detalles e os custos da itinerancia.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está

incompleta ata certo punto. Nunca confíe só na

cartografía descargada para utilizarse neste

dispositivo.