
Descarga de mapas
Cando navega por un mapa na pantalla de Mapas,
descárgase automaticamente un mapa novo se se
despraza ata unha área que non se inclúe nos
mapas xa descargados. Pode ver a cantidade de
datos transferidos no contador de datos (en Kb) que
se amosa na pantalla. O contador amosa o volume
do tráfico de rede cando busca mapas, crea rutas ou
busca localizacións en liña. A descarga de datos de
mapas pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información
acerca das tarifas de transmisión de datos.
Para evitar que o dispositivo descargue
automaticamente mapas a través da Internet, por
exemplo, cando se atopa fóra da súa rede móbil
propia, ou outros datos relacionados cos mapas
requiridos por servizos extra, seleccione
Opcións
>
109
Mapas

Ferramentas
>
Axustes
>
Internet
>
Conectar
ó inicio
>
Non
.
Para definir a cantidade de espazo na tarxeta de
memoria ou memoria masiva que desexa utilizar
para gardar mapas ou ficheiros de orientación por
voz, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Mapa
>
Uso máximo da memoria
.
Esta opción da tarxeta de memoria está dispoñible
só cando se insire unha tarxeta de memoria
compatible. Se a memoria está chea, os datos máis
antigos do mapa elimínanse. Os datos dos mapas
gardados pódense eliminar mediante o software
Nokia Map Loader.
Nokia Map Loader
Nokia Map Loader é un software de ordenador que
pode utilizar para descargar e instalar mapas da
Internet no seu dispositivo ou tarxeta de memoria
compatible. Pode utilizalo tamén para descargar
ficheiros de voz para a navegación detallada.
Para utilizar Nokia Maps Loader, cómpre instalalo
primeiro nun ordenador compatible. Pode
descargar o software da Internet na páxina
www.nokia.com/maps. Siga as instrucións que se
amosan na pantalla.
Cómpre utilizar a aplicación Mapas e buscar mapas
polo menos unha vez antes de utilizar Nokia Map
Loader. Nokia Map Loader utiliza a información do
historial de Mapas para comprobar a versión dos
datos do mapa que debe descargar.
Despois de instalar o software no ordenador, para
descargar mapas, siga os pasos que se indican a
continuación:
1.
Conecte o dispositivo ao ordenador mediante un
cable de datos USB compatible. Seleccione
Almacenaxe masiva
como o modo de conexión
USB.
2.
Abra Nokia Map Loader no ordenador. Nokia Map
Loader comproba a versión dos datos do mapa
que se debe descargar.
3.
Seleccione os mapas ou ficheiros de orientación
por voz que desexe, e descargue e instáleos no
dispositivo.
Suxestión: Utilice Nokia Map Loader para
gardar tarifas de transferencia de datos
móbiles.