
Servizos adicionais de Mapas
Pode adquirir unha licenza e descargar no
dispositivo diferentes tipos de guías, como guías de
cidades e de viaxes para distintas cidades. Tamén
pode mercar unha licenza para un servizo de
navegación Conducir & Camiñar detallada con
orientacións por voz e un servizo de información de
tráfico para empregalo en Mapas. As licenzas de
111
Mapas

navegación son específicas das rexións (das rexións
seleccionadas no momento da compra da licenza),
e só se poden empregar na zona seleccionada. As
guías que se descargan gárdanse automaticamente
no dispositivo.
As licenzas mercadas para unha guía ou navegación
pódense transferir a outro dispositivo, pero a
mesma licenza só pode estar activa nun dispositivo
á vez.
Para ver e actualizar as súas licenzas, seleccione
Opcións
>
Extras
>
Licenzas
.
O tráfico, a información de guía e os servizos
relacionados están desenvolvidos por terceiras
partes independentes de Nokia. A información pode
ser incorrecta e incompleta en maior ou menor grao
e está suxeita á dispoñibilidade. Non dependa
nunca só da mencionada información e dos servizos
relacionados.
A descarga e uso de servizos extra pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos a
través da rede do seu fornecedor de servizos.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para obter información acerca das tarifas de
transmisión de datos.