
Navegación
Para mercar un servizo de navegación Conducir &
Camiñar con orientación por voz ou só o servizo de
navegación Camiñar, seleccione
Opcións
>
Extras
>
Cond. e camiñ.
ou
Camiñar
. Pode pagar
o servizo cunha tarxeta de crédito aceptada ou
pódese incluír o seu custo na súa factura telefónica
(se o seu fornecedor de servizos de rede móbil o
admite).
Servizo de navegación Conducir
Para mercar un servizo de navegación de Conducir
& Camiñar, seleccione
Opcións
>
Extras
>
Cond.
e camiñ.
.
Cando utilice o servizo de navegación Conducir por
primeira vez, solicitaráselle que seleccione o idioma
da orientación por voz e que descargue os ficheiros
de orientación por voz correspondentes ao idioma
seleccionado. Tamén pode descargar os ficheiros
para a orientación por voz con Nokia Map Loader.
Vexa "Descarga de mapas", p. 109.
Para cambiar o idioma máis tarde, na vista principal
de Mapas, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Navegación
>
Guía de voz
e un
idioma, e descargue os ficheiros de orientación por
voz correspondentes ao idioma seleccionado.
Servizo de navegación Camiñar
Para mercar un servizo de navegación Camiñar,
seleccione
Opcións
>
Extras
>
Camiñar
.
O servizo de navegación Camiñar diferénciase do
servizo de navegación Conducir en varios aspectos:
112
Mapas

A ruta do servizo Camiñar ignora as posibles
limitacións da navegación en coche, como as rúas
dun sentido único e as prohibicións de xiro, e inclúe
áreas como zonas peonís e parques. Tamén da
prioridade ás pasarelas e estradas máis pequenas e
omite autovías e autopistas. A lonxitude dunha ruta
a pé limítase a un máximo de 50 quilómetros e a
velocidade da viaxe a un máximo de 30 km/h. Se se
supera o límite de velocidade, detense a navegación
e retómase unha vez que a velocidade volve a ser
inferior ao límite.
A navegación detallada ou a orientación por voz
non están dispoñibles para o servizo de navegación
Camiñar. En cambio, unha frecha grande amosa a
ruta e unha frecha pequena situada na parte
inferior da pantalla sinala directamente o destino.
A vista de satélite só está dispoñible para o servizo
de navegación Camiñar.
Navegue ata o destino desexado
Para iniciar a navegación con GPS ata o destino
desexado, seleccione calquera situación do mapa
ou dunha lista de resultados e
Opcións
>
Conducir
a
ou
Camiñar a
.
Para cambiar entre diferentes vistas durante a
navegación, desprácese á esquerda ou á dereita.
Para deter a navegación, prema
Deter
.
Para seleccionar opcións de navegación, prema
Opcións
durante a navegación. Se a navegación en
coche está activa, amósase unha vista do menú con
varias opcións.
Algunhas teclas do teclado corresponden ás opcións
da vista. Por exemplo, prema 2 para repetir unha
orde por voz, 3 para cambiar entre o modo diúrno
e o modo nocturno e 4 para gardar a localización
actual.