Definición dos axustes de correo
electrónico
Suxestión: Para definir os axustes da súa
caixa de correo, prema
e seleccione
Mensaxería
>
Caixas de correo
.
Para utilizar o correo electrónico, cómpre dispoñer
dun punto de acceso válido á Internet (IAP) no
dispositivo e definir os axustes de correo
electrónico correctamente.
Vexa "Puntos de
acceso", p. 193.
Vexa "Axustes de correo
electrónico", p. 151.
Cómpre dispoñer dunha conta de correo electrónico
individual. Siga as instrucións do seu fornecedor de
145
Mensaxería
servizos da Internet (ISP) e da caixa de correo
remota.
Se selecciona
Nova caixa corr.
na vista principal de
Mensaxería e non ten configurada a súa conta de
correo electrónico, solicitaráselle efectuar esta
acción. Para iniciar a creación dos axustes de correo
electrónico coa guía da caixa de correo, seleccione
Iniciar
.
Cando crea unha nova caixa de correo, o nome que
lle asigna á mesma substitúe a
Nova caixa corr.
na
vista principal de Mensaxería. É posible dispoñer de
ata seis caixas de correo.