
Mensaxes multimedia
Importante: Teña precaución ó abrir as
mensaxes, xa que é posible que conteñan software
nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Pode recibir unha notificación de que unha
mensaxe multimedia está agardando no centro de
mensaxes multimedia. Para iniciar unha conexión
de paquetes de datos para recuperar a mensaxe no
dispositivo, seleccione
Opcións
>
Recuperar
.
Cando abra unha mensaxe multimedia ( ), poderá
ver unha imaxe e unha mensaxe.
amósase se
se inclúe son ou se se inclúe vídeo. Para
reproducir o son ou o vídeo, seleccione o indicador.
Para ver os obxectos multimedia que se incluíron na
mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Obxectos
.
Se a mensaxe inclúe unha presentación multimedia,
amósase . Para reproducir a presentación,
seleccione o indicador.