Consellos sobre a entrada de
texto
Para inserir un número no modo de letras, manteña
premida a tecla numérica desexada.
Para alternar entre os diferentes modos de carácter,
prema #.
Para eliminar un carácter, prema C. Para eliminar
máis dun carácter, manteña premida a tecla C.
Os signos de puntuación máis comúns están
dispoñibles na tecla 1. Para desprazarse por estes
un por un, se utiliza a entrada de texto tradicional,
prema 1 varias veces. Se utiliza a entrada de texto
preditivo, prema 1 e, a continuación, * varias veces.
Para abrir unha lista de caracteres especiais,
manteña premida a tecla *.
Suxestión: Para seleccionar varios caracteres
especiais dende a lista de caracteres
especiais, prema 5 despois de cada carácter
resaltado.